Xeosónica

Transmedia

Xeosónica é un proxecto transmedia que fai unha aproximación artística ao ruído.

Galería de fotos

Xeosónica é un proxecto transmedia, un puzle que consta de moitas pezas interrelacionadas entre si.

MMRRSSMM…

As Músicas dos Ruídos do Son do Mar é unha peza audiovisual, de carácter experimental. Ten pasado por festivais de todo o mundo desde a súa estrea.

A experiencia Xeosónica

Unha instalación no interior dun contedor marítimo que percorre diferentes localidades para achegar a creación sonora a lugares aos que, normalmente, é allea.

Aftermovie

Para dar a coñecer o proxecto, estreamos MMRRSSMM… no Museo do Mar de Vigo. A maiores, os artistas sonoros Juanma LoDo, Marco Maril, Carlos Suárez e Acacia Ojea presentaron as súas creacións.

Pílulas

Contamos con diferentes expertos que axudan a contextualizar os diferentes factores que entran en xogo nos ruídos que nacen no mar.

A plataforma

Aquí podes acceder a todo o contido do proxecto, un espazo deseñado seguindo as bases do proxecto, centradas na intervención artística como base para a exploración do ruído.

Paisaxes sonoras

Nestas pezas, podemos replicar desde calquer punto do planeta a experiencia de sentir o Atlántico.

Mapa sonoro

A través deste mapa, podes percorrer diferentes puntos do Atlántico seguindo os seus sons.

Músicas

A partir de sons recollidos durante a realización da peza MMRRSSMM…, os artistas sonoros Juanma LoDo, Marco Maril, Carlos Suárez e Acacia Ojea crearon estas pezas sonoras.