Unha aposta polos contidos en galego para primeiros espectadores en colaboración coa Televisión de Galicia.

Unha aposta polos contidos en galego para primeiros espectadores en colaboración coa Televisión de Galicia.
Presentación desta serie animada para primeiros espectadores.
Xurxo, Catuxa, Xiana e Margarida son os protagonistas de ‘Bechos’, xuntos viven aventuras, xogan e aprenden sobre o coidado da natureza e o valor da amizade.
‘Bechos’ é unha aposta polos contidos en galego para primeiros espectadores. Nesta etapa da vida é preciso familiarizarse coa lingua, a través de historias e personaxes que sexan facilmente identificables pola cativada.








Presentamos o proxecto en colaboración coa Televisión de Galicia no peche das actividades da Xente Miúda durante o festival Castelo Conta.
Laura Mahía é a deseñadora dos personaxes de ‘Bechos’. Aquí podemos ver parte do proceso creativo.
A web de ‘Bechos’ é o lugar onde poder ver os episodios, coñecer aos seus protagonistas e mesmo aprender a debuxalos!